OP/349-Arte e ciencia en Galicia: A ilustración científica e técnica
O discurso da ciencia, todo ao longo da súa historia, acompáñase a miúdo de ilustracións gráficas, sexan do propio científico ou dun artista, con límites difusos entre os dous roles. Obtense así a mellor comprensión polo efecto combinado das palabras e as imaxes, sen que sexa fácil moitas veces distinguir cal das dúas formas de comunicación -verbal e visual- é o apoio da outra. Arte e ciencia en Galicia presenta cincuenta e cinco exemplos gráficos que levan desde o século XII ata o XX, con láminas reproducidas a color acompañadas de explicacións para situar o traballo no artístico, no científico e no cultural. Estes exemplos, diversos en épocas, temas e técnicas, evidencian que a histórica transmisión do saber mantén vivas as imaxes, ese milagre dos sentidos que serviu de inspiración a pintores e poetas pero que tamén os grandes científicos souberon encher de contido
Year
2014OUT OF STOCK
€0.00
| Title | OP/349-Arte e ciencia en Galicia: A ilustración científica e técnica |
|---|---|
| ISBN | 8498879493 |
| ISBN 10 | 8498879493 |
| ISBN 13 | 9788498879490 |
| Date published | 2014-01-08 |
| MRSP | 0.00 |
| Pages | 139 |
| Author | Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Binding | Paperback |
| Language | gl |
| Publisher | Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC |
| Tags | Scientific illustration Technical illustration |
Login
Showing 0 of 0 reviews