3. O CORAZÓN DO DIAÑO
Product Description
A cen quilómetros do Pazo Quiroga, fronte ás costas de Cabo Lázaro, os exércitos de España e Francia tentan acabar co pirata coñecido como Diaño, un desapiadado asasino rodeado por unha auréola de misterio que ninguén puido desentrañar. Só Miguel sabe quen se agocha debaixo da máscara do corsario. Por iso intentará aproveitar esa vantaxe para chegar ata el e asasinalo, para mudar así o curso da Historia e impedir os seus futuros crimes. Pero a chegada dun barco que se dirixe a Roma cámbiao todo. Porque a bordo viaxa un home que precisa atopar algo nesa vila antes de continuar a súa viaxe. E porque a adega dese barco oculta a resposta a un misterio que non empezará ata dous séculos despois. Toda viaxe ten un destino. Toda aventura ten un final.
About the Author
Carlos Vila Sexto naceu na Coruña en 1977. É escritor e guionista. Con catorce anos gañou o V Premio Rúa Nova de Narración Infantil coa novela de aventuras Alén da aventura, publicada pola Editorial Galaxia. Carlos tamén foi creador e guionista das series de televisión Los Misterios de Laura (TVE), Motivos Personales (Telecinco) e Un lugar en el mundo (Antena 3). A súa serie Los Misterios de Laura foi a primeira na historia da televisión en España en ser adaptada en Estados Unidos (The Mysteries of Laura).
OUT OF STOCK
€0.00
| Title | 3. O CORAZÓN DO DIAÑO |
|---|---|
| ISBN | 8483495759 |
| ISBN 10 | 8483495759 |
| ISBN 13 | 9788483495759 |
| Date published | 2019-06-27 |
| Edition | 1 |
| MRSP | 0.00 |
| Pages | 336 |
| Author | Carlos Vila Sexto |
| Binding | Paperback |
| Language | en |
| Publisher | Rodeira |
| Tags | Mysteries & Thrillers Teen & Young Adult |
Login
Showing 0 of 0 reviews